parietal

parietal

lat parietāle

Plural: parietais
  1. adx

    Relativo ou pertencente á parede orgánica.

  2. s m [ZOOL ]

    Óso par da bóveda cranial, de orixe membranosa, que se localiza en todos os vertebrados e que, no home, forma a parte media da bóveda, delimitado polo frontal, polo occipital e polos temporais. OBS: Tamén se denomina óso parietal.