paréntese

paréntese

lat parenthĕse

Plural: parénteses
    1. s

      Palabra, frase ou proposición que se insire, a modo de explicación, nunha proposición.

    2. s

      Cada un dos signos ortográficos <()> que indican un inciso dentro dunha frase.

    3. paréntese cadrada

      corchete.

  1. s f

    Intervalo de tempo que interrompe a continuidade dun proceso.

  2. s m [MAT ]

    Cada un dos signos ortográficos <()>, que se empregan para indicar que as operacións alxébricas escritas entre ambos os dous signos teñen prioridade respecto das operacións que poida haber fóra ou ben para indicar as variables dunha función.

Citas

  • Fixeron unha paréntese no traballo para tomar un café