parénquima
parénquima
gr científico παρέγχυμα ‘substancia dos órganos’
-
-
s
Tecido vexetal constituído por células vivas, poliédricas e co mesmo diámetro, que presenta paredes celulares finas, non lignificadas e pouco especializadas, cuxa principal función é a asimilación e o almacenamento de materiais de reserva.
-
parénquima acuífero
Parénquima especializado no almacenamento de auga.
-
parénquima esponxoso/lacunoso
Parte inferior do mesófilo da folla formada por células separadas por grandes espazos intercelulares.
-
parénquima palizado
Parte superior do mesófilo da folla constituída por células longas e finas, xuntas e con moitos cloroplastos.
-
s
-
s
m
[BIOL ]
Tecido esencial ou nobre dun órgano.