parálise

parálise

lat paralyse gr παράλυσις

Plural: parálises
  1. s f [PAT ]

    Perda da motricidade ou de calquera función sensitiva, motora ou secretora.

  2. parálise cerebral infantil [PAT ]

    Afección non progresiva, debida a lesións cerebrais conxénitas, infeccións prenatais ou conflitos do Rh.

  3. parálise completa [PAT ]

    Perda da mobilidade e da sensibilidade nunha zona muscular.

  4. parálise infantil [PAT ]

    poliomielite.

  5. parálise obstrética [PAT ]

    Parálise do neno acabado de nacer, provocada por un traumatismo durante o parto.

  6. parálise xeral progresiva [PAT ]

    Afección neurolóxica do período terciario da sífilis.

Sinónimos