paralelismo

paralelismo

paralelo

Plural: paralelismos
  1. s m

    Calidade de paralelo.

  2. s m

    Correspondencia ou concordancia por semellanza entre dúas persoas ou cousas.

  3. s f [LIT ]

    Recurso literario que consiste na repetición dunha estrutura semántica ou sintáctica con pequenas variacións.

  4. paralelismo psicofísico [FILOS ]

    Doutrina que nega toda relación causal entre materia e espírito e afirma a independencia e coincidencia dos fenómenos propios da realidade física e dos que pertencen ao ámbito psíquico.

Citas

  • Existe un paralelismo entre as súas vidas