paraíso
paraíso
lat paradīsu gr παράδεισος avéstico pairidaēza ‘xardín circular’
-
s
m
[HIST/RELIX ]
Xardín mítico de felicidade do comezo e da fin dos tempos.
-
s
m
[RELIX ]
Lugar onde as almas das persoas gozan da presenza de Deus.
-
s
m
Lugar de gran beleza natural ou moi ameno e confortable.
-
paraíso fiscal
[ECON ]
País cunha presión fiscal baixa ou nula sobre os ingresos e os beneficios das sociedades, e que concede grandes exencións fiscais para os ingresos derivados das inversións que pretende favorecer.
Citas
- Aquela casa ao lado do río era un paraíso