parafuso

parafuso
Plural: parafusos
    1. s

      Peza composta por unha pequena barra roscada e unha extremidade que permite facela xirar para que penetre noutra peza.

    2. parafuso de Arquímedes

      Máquina para elevar auga que consiste nun tubo provisto interiormente dunha chapa en forma de hélice que, ao xirar cunha velocidade suficiente, eleva a auga.

    3. parafuso micrométrico

      Parafuso de precisión co que van provistos moitos instrumentos científicos para obter a medida precisa dun desprazamento lonxitudinal.

    4. parafuso sen fin

      Engrenaxe en que un parafuso cilíndrico fai xirar unha roda dentada.

  1. s m
    1. Órgano ou elemento mecánico de forma semellante a un parafuso.

    2. Trade para facer buracos formado por unha polea que fai xirar unha broca.

  2. s m

    Fuso grande para torcer a la ou o liño.

  3. [TECNOL ]

    Instrumento para inmobilizar unha peza no banco de traballo, formado por dúas mandíbulas, unha delas fixa.

  4. [TECNOL ]

    Instrumento que consiste en dúas mandíbulas unidas por un extremo, que se emprega para suxeitar manualmente as pezas.

Sinónimos

Formas incorrectas

tornillo