paradoxo
paradoxo
lat paradoxu gr παράδοξος
-
s
m
-
Opinión contraria á opinión común.
-
Opinión que semella contraria ao sentido común, pero que de feito é exacta.
-
-
s
m
[FILOS/MAT ]
Enunciado ou razoamento que leva a dúas conclusións mutuamente contraditorias pero que de ningunha das dúas se pode prescindir.
-
s
m
[LIT ]
Figura retórica que consiste en empregar expresións aparentemente contraditorias.
-
paradoxo hidrostático
[FÍS ]
Paradoxo que consiste no feito de que cantidades moi diferentes dun líquido introducidas en recipientes diferentes poden producir, sobre o fondo dos respectivos recipientes, a mesma presión, se as formas dos recipientes son as adecuadas. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].