papiro

papiro

lat papy¯rus gr πάπυρος

Plural: papiros
  1. s m [PLANTA ]

    Planta herbácea perenne, da familia das ciperáceas, que presenta talos dereitos e triangulares coroados por unha umbela de follas cintiformes e que habita en augas fluviais, en Exipto e nos países próximos.

  2. s m [PALEOG ]

    Folla artificialmente composta por tiras extraídas do tronco da planta de papiro, enganchadas, que empregaban os antigos para escribir. Inicialmente escribíase todo seguido na dirección das fibras, mentres que na outra banda as fibras se mantiñan perpendiculares.

  3. s m

    Manuscrito antigo feito sobre estas follas.