panel
fr panel
-
s
m
Taboleiro de diversos materiais que se emprega para amosar información de cara ao público.
-
s
m
Taboleiro ou plafón de gran superficie que se emprega en diversas aplicacións técnicas, construtivas ou arquitectónicas.
-
s
m
Taboleiro que contén os mandos e os indicadores de información para o uso correcto dunha máquina de instalación.
-
s
m
[MAR ]
Compartimento das lanchas pesqueiras onde se baleira o peixe que se recolleu coas redes e cos aparellos.
-
s
m
[MAR ]
Conxunto de táboas situadas a babor e a estribor, nas embarcacións de remos, que serven de asento aos que vogan.
-
panel luminescente/electroluminescente
[IND ]
Aparato de iluminación que consiste nunha placa de material plástico recuberta dunha substancia fluorescente que produce luz por electroluminescencia ao aplicarlle unha tensión eléctrica.
-
panel radiante
[TECNOL ]
Elemento de calefacción que consiste nunha gran superficie que se mantén a unha temperatura moderadamente elevada e que quenta por radiación.
-
panel solar
[TECNOL ]
captador solar.