pandeiro

pandeiro

lat pandorĭu

Plural: pandeiros
  1. s m [MÚS ]

    Instrumento de percusión que consiste nun bastidor de madeira de forma cadrada revestido de pel de cabrito e cosido por tres lados. No interior sitúanse unhas pequenas cordas das que se penduran uns axóuxeres que lle dan maior sonoridade, e no exterior sitúase unha correa de coiro para poder penduralo do pescozo, ou ben dúas cintas para poder atalo no van.

  2. s m col

    Parte inferior e posterior do tronco humano.

Frases hechas

  • Alegre/Contento coma un pandeiro. Moi contento.

  • Facer do seu (cu) un pandeiro. Facer un co seu o que lle d

Refranes

  • Alfaia por alfaia, mellor quero pandeiro que saia.
  • O pandeiro toca ben, as ferreñas fanlle o son.