pampa

pampa

quechua pampa ‘planicie, chaira’

Plural: pampas
s f [BOT/XEOG ]

Tipo de vexetación esteparia propia de Arxentina centrooriental, que se caracteriza pola ausencia de árbores e pola abundancia das poáceas e doutras herbáceas, como as asteráceas, as ciperáceas, as amarilidáceas e as papilionáceas.