palpitación

palpitación

lat palpitatĭōne

Plural: palpitacións
  1. s f

    Acción de palpitar.

  2. s f

    Latexo convulsivo dunha parte do corpo.

  3. s f pl [PAT ]

    Estado de arritmia cardíaca que se percibe na área precordial como unha sensación molesta para o paciente.

  4. palpitación auricular [PAT ]

    Onda que atravesa o nódulo aurículo-ventricular en todas as ocasións e que se observa no electrocardiograma como ondas en dente de serra, rítmicos e regulares.

  5. palpitación nasal [PAT ]

    Dilatación do vestíbulo nasal en dispnea por acción muscular dos elevadores da aleta do nariz.

  6. palpitación ventricular [PAT ]

    Situación semellante á fibrilación ventricular, de contracción rápida e débil dos ventrículos.