palafreneiro -ra

palafreneiro -ra
Plural: palafreneiros Masculino: palafreneiro Masculino plural: palafreneiros Feminino: palafreneira Feminino plural: palafreneiras
  1. s [HIST ]

    Criado que acompañaba ao seu señor levándolle o cabalo polo freo.

  2. s [HIST ]

    Criado que montaba o cabalo palafrén.

  3. s [HIST ]

    Mozo que coidaba dos cabalos.

  4. palafreneiro maior

    Xefe dos oficiais que tiñan ao seu cargo as cabalarías reais e que tiña confiada a misión de aguantar o cabalo do rei no momento en que este montaba.