pagar

pagar

lat pacāre

  1. v t

    Dar diñeiro ou outra cousa por algo. Tm abs.

  2. v t

    Cumprir alguén a condena que se lle impuxo por un delito ou erro. Tm abs.

  3. v t

    Corresponder ao cariño ou beneficio que se recibe. Tm abs.

  4. v t

    Sufragar os gastos doutra persoa.

  5. v pron

    Mostrar orgullo de algo diante dos demais.

Sinónimos

Antónimos

Confrontaciones

agradecer, premiar, recompensar

Citas

  • Con amor págase amor, Unha obra págase con outra, Moitas veces págase unha obra boa con outra mala
  • Ninguén as faga, que tarde ou cedo se pagan, Quen o fai que o pague, Non hai quen faga mal, que despois non o veña pagar
  • Non fai máis que pagarse dos coches que ten
  • O seu corpo pagou os esforzos de cando era novo, OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto, Non é xusto que pagues ti por todos, Na tradición oral recóllense ditos como:
  • Pagará o seu crime con dez anos de cárcere, OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto, Pagará polo que fixo coa expulsión do centro
  • Pagou a cea de todos, Pagou 120 euros por uns zapatos, OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto, Pagou e marchou, Os xubilados non pagan no autobús, Páganlle por non traballar, Na tradición oral recóllense ditos como:
  • Todas as atencións que tiveron con el pagoullas con desprezo, Mirou moito por el, pero tamén llo pagou buscándolle un traballo, OBS: Nesta acepción omítese o complemento e adquire valor absoluto, Así é como lle pagas a teu pai? Na tradición oral recóllense ditos como:
  • Traballo feito, traballo pagado, Ao comer as morcillas, rin a nai e as fillas; e ao pagar, todas son a chorar, Paga o que debes é saberás do mal que padeces, O que debía e pagou tiña dor e sandou, O que paga criados e non os vai ver, que venda o que ten para podelos manter
  • Vaite á viaxe que cha pago eu

Frases hechas

  • Deus cho pague. Expresi

  • Pagala(s). Expresi

  • Pagar a escote. Dividir o custo dunha cousa a partes iguais entre varias persoas.

  • Pagar a pena. Compensar algo o esforzo e o traballo que require.

  • Pagar a visita. Corresponder co mesmo.

  • Pagar na/coa mesma moeda. Responder a algo co mesmo.

  • Pagar por si. Recibir castigo polas propias culpas. Ex Cada un paga por si.

  • Pagar caro (algo). Conseguir algo con moito traballo e sufrimento.

  • Pagar feito e por facer. Recibir as culpas do que se fai e tam

  • Pagar xustos por pecadores/Pagar polos demais. Cargar coas culpas de algo unha persoa inocente.

Refranes

  • A quen lle non debo non lle temo.
  • A quen non debo non lle teño medo.
  • Ó arrendar, cantar; e ao pagar, chorar.
  • Ó come-los touciños cantan pais e fillos; e, ao pagar, todos rompen a chorar.
  • Ó comer as "morcillas", rin a nai e as fillas; e ao pagar, todas son a chorar.
  • O comer, comamos; e, ao pagar, a ti suspiramos.
  • O matar o porco, praceres e xogos; ao comer as morcillas, trouladas e risas e, ao pagar o porco, pesares e choros.
  • O que debe e paga viste camisa lavada.
  • O que debía e pagou tiña dor e sanou.
  • O que paga o que debe, todo o que lle queda é seu.
  • Paga o que debes e saberás do mal que padeces.
  • Paga o que debes e saberás o que che queda.
  • Paga o que debes e saberás o que tes.
  • Paga o que debes e sanarás do teu mal.
  • Paga o que debes e serás señor do que tes.
  • Quen debe e paga boa festa fai.
Conjugar
VERBO pagar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pago
pagas
paga
pagamos
pagades
pagan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pagaba
pagabas
pagaba
pagabamos
pagabades
pagaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
paguei
pagaches
pagou
pagamos
pagastes
pagaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pagara
pagaras
pagara
pagaramos
pagarades
pagaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pagarei
pagarás
pagará
pagaremos
pagaredes
pagarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pagaría
pagarías
pagaría
pagariamos
pagariades
pagarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pague
pagues
pague
paguemos
paguedes
paguen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pagase
pagases
pagase
pagasemos
pagasedes
pagasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pagar
pagares
pagar
pagarmos
pagardes
pagaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
paga
-
-
pagade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pagar
pagares
pagar
pagarmos
pagardes
pagaren
Xerundio pagando
Participio pagado/pago
pagada/paga
pagados/pagos
pagadas/pagas