paciencia

paciencia

lat patientĭa

Plural: paciencias
  1. s f

    Calidade de quen soporta os infortunios, as ofensas e os traballos.

  2. s f

    Calidade de quen realiza unha actividade que lle pode resultar molesta.

  3. s f

    Calidade de quen espera unha cousa que tarda.

  4. s f [RELIX ]

    irtude cristiá oposta á ira.

Citas

  • Aquela profesora ten moita paciencia cos nenos
  • Esperou con paciencia que fose a súa quenda
  • Sempre tivo moita paciencia para facer enormes crebacabezas

Frases hechas

  • Armarse de paciencia. Prepararse para soportar algo molesto ou pesado.

Refranes

  • A paciencia tráenos todo.
  • Con paciencia e con calar, ben te podes gobernar.
  • Con paciencia e saliva non hai cousa que non se consiga.
  • Con paciencia gáñase o ceo.
  • Despois da tempestade vén a calma.
  • Non se gañou Zamora nunha hora.
  • Ó que non pode ser, paciencia.
  • O que pon a nogueira non espere comer dela.
  • Ó seu tempo maduran as uvas.
  • Ó seu tempo veñen as uvas e as mazás maduras.
  • Quen pranta a nogueira non pense coller froito dela.
  • Sufre con paciencia e vivirás en paz.
  • Ten na espera vagar, se non te queres enfadar.
  • Tras da néboa vén o sol e tras do mal tempo vén outro mellor.
  • ¡Déanos Deus paciencia e morte sen penitencia!
  • ¡Deus dea paciencia e morte con penitencia!