oxiva

oxiva

fr ogive

Plural: oxivas
  1. s f [ARQUIT ]

    Arco rematado en punta en que os lados son dous arcos de círculo cóncavos e simétricos que se unen formando un ángulo curvilíneo.

    1. s [TECNOL ]

      Forma xeométrica de control que ten o contorno formado por dous arcos que se unen no seu extremo e que lle serve, a certos aparatos, para reducir a resistencia aerodinámica do móbil e evitar o seu quecemento excesivo.

    2. s [AERON ]

      Proa dalgunhas aeronaves que ten forma oxival.

    3. s [BÉL ]

      Parte dianteira dun proxectil.

    4. s [ASTRON ]

      Parte frontal dun foguete de sondaxe ou de exploración espacial que contén, eventualmente, a carga útil e que a protexe durante o seu desprazamento pola atmosfera.

    5. s [MAT ]

      Gráfico dunha distribución de probabilidade loxística, que corresponde a fenómenos que crecen proporcionalmente ao valor obtido pero cun límite finito non alcanzable.

    6. oxiva nuclear [BÉL ]

      cabeza nuclear.