oxidación

oxidación

oxidar

Plural: oxidacións
  1. [CONSTR ]

                AO 2 + A D 2AO

  2. oxidación autocatalítica [QUÍM ]

    Oxidación dunha substancia, xeralmente un líquido, a temperatura normal, polo osíxeno do aire. Unha reacción de autooxidación prodúcese en dúas fases:
    O2+A→AO2 (formación de peróxido)
    AO2+A→2AO
    A primeira fase é lenta e controla o sistema de oxidación. Este proceso emprégase no secado de pinturas.

  3. s f

    Acción ou efecto de oxidar ou oxidarse.

  4. s f [QUÍM ]

    Proceso polo que un elemento aumenta o seu número de oxidación ao perder algún electrón.

  5. s f [QUÍM/IND ]

    Formación de ferruxe na superficie do ferro ou doutro metal, pola acción do aire húmido ou por corrosión.

  6. número de oxidación [QUÍM ]

    Número que representa o número de electróns que cómpre engadir ou quitar a un átomo que forma parte dunha combinación para volvelo ao seu estado elemental.

  7. oxidación anódica [QUÍM ]

    Oxidación que se produce no ánodo durante os procesos de electrólise.

  8. oxidación de aglutinantes [CONSTR ]

    Combinación dos aglutinantes bituminosos co osíxeno atmosférico, que provoca o endurecemento do betume ou do alcatrán, a diminución da súa penetración e normalmente o aumento da súa fraxilidade.

  9. oxidación directa [QUÍM/IND ]

    Formación de óxidos ou doutros compostos sobre a superficie dos metais por reacción con gases secos a altas temperaturas. OBS: A grafía representa o son [ks].