ovino -na
ovino -na
lat ovi ‘ovella’
-
adx
Relativo ou pertencente ás ovellas ou aos ovinos.
-
s
m
[ANIMAL ]
Mamífero da subfamilia dos ovinos.
-
s
m pl
[ANIMAL ]
Subfamilia de mamíferos, da familia dos bóvidos, de cabeza alta, pescozo relativamente longo e patas esveltas. Os cornos, curvados cara a fóra e cara a adiante ou ben un pouco enroscados en espiral, son anelados e angulosos. Inclúe principalmente as ovellas, pero tamén outros animais, como o argalí ou o muflón.