ovella

ovella

lat ovicŭla

Plural: ovellas
  1. s f [ANIMAL ]

    Mamífero ruminante da familia dos bóvidos, que presenta o corpo robusto e redondeado, cuberto por un pelame liso ou rizado, denominado la, que só deixa espido o fociño e as patas, as extremidades finas e relativamente longas, e un rabo tamén longo. Os machos dalgunhas razas teñen cornos. Críase para obter carne ou la, e nalgunhas razas tamén se aproveita o leite.

  2. s f fig [RELIX ]

    Membro do pobo de Deus.

Refranes

  • A escampada da ovella mal será que non veña.
  • Ano de ovellas, ano de abellas.
  • O que ten ovellas ten pelexas.
  • Ovellas loucas, ovellas poucas.
  • Ovellas, abellas e lentellas, todas son consellas.
  • Ovena cornuda e cabra con landras en poucas cortellas paran.
  • Ovena cornuda e vaca barriguda non a troques por ningunha.
  • Ovena e abella e pedra que trebella e péndola tras da orella, cobizaba para o seu fillo a vella.
  • Por Nadal cada ovella ao seu curra!.