ou
ou
lat aut
-
conx
Presenta unha alternativa entre dúas posibilidades e ten valor disxuntivo.
-
conx
Indica aproximación entre o valor de dúas formas numerais expresadas.
-
conx
Indica equivalencia entre a noción que expresan dúas palabras ou sintagmas.
-
conx
Introduce unha explicación, xustificación ou rectificación despois dunha afirmación expresada.
Citas
- Chegou ás cinco ou ás seis da tarde
- Cólleo ou déixao, Ou o fas dunha maneira ou o fas da outra, Faino dunha maneira ou faino da outra, Pode ir reforzado con ben, Ou (ben) entras, ou (ben) saes, pero non quedes na porta, Con valor distributivo, ou presenta dúas ou máis opcións, non mutuamente excluíntes, e acostuma situarse só antes do derradeiro membro, Axeónllase diante da igrexa e non se sabe se pide, se vende ou se prega
- Marcha de aquí ou vas levar ti tamén!
- O doutor Mariño é moi bo médico, ou érao
- O hórreo ou cabazo é moi típico de Galicia
- Tan parvo non é, ou non chegaría a ocupar un posto directivo