ostreido -da
ostreido -da
lat científico Ostrea
-
adx
Relativo ou pertencente aos ostreidos.
-
s
m
[ANIMAL ]
Molusco da familia dos ostreidos.
-
s
m pl
[ANIMAL ]
Familia de moluscos lamelibranquios, da superorde dos filibranquios, que son xeralmente monomiarios ou moi anisomiarios, son hermafroditas e non presentan sifóns, nin pé, nin glándula do biso. As dúas valvas son diferentes e a charneira non ten dentes.