osteoxénese

osteoxénese

osteo- + xénese

Plural: osteoxéneses
  1. s f [FISIOL ]

    Proceso de formación de tecido óseo que resulta da transformación das células do tecido conxuntivo en osteoblastos con actividade metabólica.

  2. osteoxénese imperfecta [PAT ]

    Enfermidade hereditaria, transmitida de maneira autosómica dominante, que se caracteriza por unha formación defectuosa da matriz ósea, feito que comporta unha gran fraxilidade dos ósos.