osíxeno
gr ὀ ξύς ‘ácido’ + -xeno
-
s
m
[QUÍM ]
Elemento non metálico pertencente ao grupo VI A da táboa periódica, de número atómico 8 e peso atómico 15,9994. Atópase na natureza en estado libre e, combinado nun gran número de compostos, con todos os elementos, menos cos gases nobres de número baixo. As aplicacións industriais máis importantes do osíxeno son as soldaduras oxhídrica e oxiacetilénica, a obtención de gas de síntese mediante a oxidación parcial do metano e o seu uso en estado líquido como carburante para foguetes.
-
ciclo do osíxeno
[BIOQ ]
Conxunto de procesos das células fotosintéticas e das heterótrofas que supón unha redución de osíxeno nas primeiras e o seu consumo nas segundas.
-
fluoruro de osíxeno
[QUÍM ]
Gas amarelado, moi tóxico e inestable, que actúa como oxidante e fluorante enérxico.
-
transporte de osíxeno
[BIOQ ]
Función principal da hemoglobina contida nos eritrocitos do sangue, desde os pulmóns aos tecidos.