ortogonal

ortogonal

orto- + gr γωνία ‘ángulo’

Plural: ortogonais
  1. adx
    1. Que forma ángulos rectos.

    2. perpendicular.

  2. adx
    1. Aplícase a dous vectores a e b que cumpren que a·b = 0, nun espazo vectorial que ten definido un produto escalar.

    2. Aplícase ao subconxunto de vectores dun espazo vectorial, cando cada un dos vectores é ortogonal respecto aos outros vectores do subconxunto.

    3. Aplícase aos subconxuntos A e B dun espazo vectorial, cando cada vector de A é ortogonal con respecto a todos os vectores de B. Se A é ortogonal a B, denótase por A}B.

    4. Aplícase á matriz cadrada invertible, cando a súa trasposta e a súa inversa coinciden.

  3. adx [MAT ]

    Nun espazo de funcións que ten definido un produto escalar, aplícase ás funcións f(x) e g(x) cando o produto escalar entre eles é cero.

  4. proxección ortogonal [MAT ]

    Tipo de proxección dunha figura nun plano en que se representa a figura ao trazar as proxectantes perpendicularmente ao plano de proxección.