orla

orla

lat v *orŭla

Plural: orlas
  1. s f
    1. [ARTE ]

      Adorno debuxado, gravado, impreso ou bordado nos bordos dun papel, pergamiño, fotografía ou tapiz.

    2. Lámina orlada onde están as fotografías, con lendas alusivas, das persoas que cursaron e remataron uns estudos en común ou ben traballaron nunha obra colectiva.

  2. s f [ARQUIT ]

    Fío que corre por debaixo das molduras, adornando un capitel.

  3. s f [MAR ]

    Parte do lado dunha embarcación que sobresae do plano da cuberta.

  4. s f [HERÁLD ]

    Peza que consiste nunha franxa no interior do escudo sen tocar a beira e a unha distancia dela igual á súa anchura, que é a da metade da bordura.

  5. orla forestal [ECOL ]

    Formación vexetal que se sitúa no bordo do bosque e que se emprega para separar as leiras.

Palabras vecinas

orizame orizo orizó orla orladura orlar orleanismo