órgano

órgano

lat orgănu gr ὅ ργανον ‘instrumento’

Plural: órganos
    1. s

      Agrupación de diversos tecidos que forman unha unidade estrutural encargada do cumprimento dunha función determinada no seo dun vexetal ou un animal. O conxunto de órganos con orixe embrionaria común e cunha función relacionada constitúen un aparato.

    2. s

      Parte do corpo que, a pesar de estar formada por elementos que proveñen de sistemas diversos, constitúe unha unidade para a función ou as funcións determinadas que exerce.

    3. órgano de fonación

      Conxunto de  órganos do corpo humano que participan na produción de emisións fónicas.

    1. s

      Instrumento aerófono constituído por xogos de tubos que, ao premer unhas teclas, soan ao sopro do vento xerado por foles ou por un compresor eléctrico.

    2. órgano electrónico

      Instrumento en que os diferentes sons e timbres se obteñen por medios electrónicos.

    3. órgano de manivela

      Instrumento musical que se fai soar mediante unha manivela xiratoria que acciona un cilindro pechado dentro dunha caixa, xeralmente en forma de piano.

  1. s m

    Medio de difusión voceiro das ideas dun grupo, partido, entidade ou sociedade.

  2. s m [BÉL ]

    Arma que consistía nun conxunto de canóns de arcabuz ou de fusil, que podían ser disparados de golpe ou un a un.

  3. s m [TECNOL ]

    Peza, dispositivo ou mecanismo dunha máquina que serve para producir, absorber, transmitir ou guiar un esforzo, un momento ou un movemento.

  4. s m [DER/ADM ]

    Unidade administrativa integrada por unha esfera de atribucións e competencias e unha serie de medios materiais, que son exercidos e utilizados por unha ou máis persoas adscritas á unidade indicada.