orangután

orangután

malaio orang ‘home’ + hūtan ‘bosque’

Nome científico: Pongo pygmeaus Plural: orangutáns
s m [ANIMAL ]

Mamífero da orde dos primates, cos membros anteriores desproporcionadamente longos, os pés articulados oblicuamente coa tibia e case todo o corpo cuberto de pelo avermellado, que pasa a maior parte do tempo nas árbores. Os machos presentan protuberancias adiposas na gorxa, nos lados da cara e nas axilas.

Palabras vecinas

orador -ra oral oralidade orangután orante oranxino -na oranxismo