opción

opción

lat optĭōne

Plural: opcións
  1. s f

    Acción e efecto de optar.

  2. s f

    Elección ou escolla que se fai entre varias cousas.

  3. s f

    Cada unha das posibilidades que hai para elixir algunha cousa.

  4. s f

    Dereito que se ten a conseguir algo, como un cargo ou un oficio.

  5. s f [ECON ]

    Dereito de preferencia que nas sociedades anónimas se lle concede aos accionistas para adquirir participacións en sucesivas ampliacións de capital.

Citas

  • As opcións que tes son asistir á reunión ou delegar nunha persoa de confianza
  • As súas notas danlle a opción de presentarse ou non ao examen
  • Elixiu esa opción porque era a máis económica

Palabras vecinas

ópalo opar ópata opción opcional open market* open*