opaco -ca
opaco -ca
lat opācu
-
adx
-
Que non deixa pasar a luz.
-
Que non deixa pasar algún tipo de radiación.
-
-
adx
Que non ten brillo.
-
adx
Que non está claro ou que é difícil de entender.
Citas
- A súa voz opaca amosaba moita tristura
- Colocou un material opaco nas fiestras para que non entrara a luz
- Eses vasos xa están todos opacos de tanto fregalos
- O seu razoamento era un tanto opaco
- Os técnicos de raios do hospital teñen que levar unha vestimenta opaca