oído
oído
lat audītu
-
s
m
Sentido polo que se perciben os sons.
-
s
m
[ZOOL ]
Órgano dos animais que permite detectar as vibracións producidas no medio, e que constitúe ademais o órgano do equilibrio.
-
s
m
Capacidade para recoñecer a música.
-
oído externo
[ANAT ]
Parte do oído que consta do pavillón, superficie en gran parte cartilaxinosa, e do conduto auditivo externo, que está protexido por pelos finos e cerume.
-
oído interno
[ANAT ]
Parte do oído que comprende o labirinto óseo e o labirinto membranoso, onde a enerxía mecánica se transforma en enerxía eléctrica, que estimula a transmisión nerviosa ao cerebro.
-
oído medio
[ANAT ]
Cavidade estreita e irregular do oído, que vai a continuación da membrana timpánica e que comunica directamente coa farinxe mediante a trompa de Eustaquio.
Citas
- Nunca tivo bo oído e por iso desafina tanto cando canta