abuso

abuso

lat abūsu ‘uso dalgunha cousa ata o seu esgotamento’

Plural: abusos
  1. s m

    Acción e efecto de abusar.

  2. s m

    Aquilo que é abusivo.

    1. s

      Acción de facer uso dun poder ou obxecto máis alá do que se considera lícito.

    2. abuso de autoridade

      Extralimitación dunha autoridade no uso das súas atribucións.

    3. abuso de confianza

      Acto ilícito polo que o autor se aproveita das facilidades que unha relación de lealdade comporta.

    4. abuso de dereito

      Acto ou omisión que sobrepasa os límites normais do exercicio dun dereito, con dano para un terceiro.

    5. abuso de superioridade

      Uso de medios físicos de ataque excesivos e desiguais que debilitan a defensa da víctima.

  3. abuso sexual

    agresión sexual.

Citas

  • É un abuso que moitas persoas sen facer nada cobren tantos cartos
  • O abuso da comida pode provocar dores de estómago, Aproveitarse do traballo dun neno é un abuso

Refranes

  • A carga cansa; a sobrecarga mata.
  • A corda creba sempre polo máis delgado.
  • Arrieiro rabudo malla na albarda e malla no burro.
  • As veces mexan por un e hai que dicir que chove.
  • Cando o burro vén ao lugar, todos o queren montar.
  • Cando te capen, berra.
  • Carga larga, man na illarga: ao cabo do ano nin besta nin carga.
  • Da árbore caída todos fan pitelos.
  • Daca o galo, toma o galo: quedan as plumas tiradas no chao.
  • Dálle a un o pe e collerache a man.
  • Do que te ha de honrar procura non abusar.
  • Do que te has de honrar, non te has de aproveitar.
  • Mula de aluguer, se non leva dous, leva tres.
  • Na barba do parvo todos aprenden a rapar.
  • Non levarán por ben o burro á auga, se el non ten gana.
  • Non podo dar na besta e mallo na albarda.
  • Non sexa tanto tirar da corda, que rompa.
  • Ó abade e ao "xudío", dálles un ovo e pedirancho!ritido.
  • O malpocado todo se lle conta a pecado.
  • O peixe grande come o pequeno.
  • O que lle dan o pe, colle a man.
  • O que non pode mallar no burro, malla na albarda.
  • Por culpa da besta mataron o bispo.
  • Por culpa do burro zorregan na albarda.
  • Quen moito quere espremer, ás veces sae espremido.
  • Quen monta con carga, mata o burro e gasta a albarda.
  • Quen usa non abusa.
  • Ti, que non podes, lévame ao lombo.
  • ¡Deus nos deixe andar a cabalo de quen o entende!
  • ¡Pobre do pobre, que todo o mundo o moer