oferta

oferta

lat v *offerta, p pres oferre ‘presentar’

Plural: ofertas
  1. s f

    Proposta que se fai a alguén para chegar a un acordo nun trato.

  2. s f [ECON ]

    Cantidade de produtos que, nun momento determinado, compiten nun mercado para ser vendidos.

  3. s f
    1. Prezo rebaixado co que se pon un produto á venda.

    2. Produto cun prezo rebaixado.

  4. s f [DER ]

    Proposición unilateral que unha persoa fai a outra para establecer un contrato.

  5. s f [RELIX ]

    Cousas que se presentan ou se dan ao cura como sacrificio expiatorio ou para contribuír aos gastos do culto.

  6. oferta pública de adquisición [ECON ]

    Operación de compra dunha sociedade, cotizada en bolsa, mediante apelación pública.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • Miña nai atopa sempre as mellores ofertas
  • Nese supermercado o deterxente está de oferta toda a semana