ocultación

ocultación

lat occultatĭōne

Plural: ocultacións
  1. s f

    Acción e efecto de ocultar ou ocultarse.

  2. s f [ASTRON ]

    Paso dun astro próximo á Terra por diante doutro astro máis afastado, aparentemente máis grande e máis luminoso.

  3. s f [DER ]

    Encubrimento dunha cousa que legalmente se debe manifestar á autoridade ou ao funcionario que o pregunta por razón do seu cargo.

Refranes

  • Cando comía todo, a miña muller mo escondía: e agora que non podo comer, todo mo deixa ver.
  • Co que te has de honrar, non o teñas detrás do lar.
  • Debaixo da manta moito se esconde e moito se tapa.
  • Quéimese a casa e non saia fume.