octeto

octeto

lat octo ‘oito’

Plural: octetos
  1. s m

    Conxunto de oito obxectos unidos por unha propiedade común.

  2. s m
    1. Composición musical para oito instrumentos ou para oito voces.

    2. Conxunto de oito músicos.

  3. s m [INFORM ]

    Signo codificado de oito cifras binarias que permite expresar 256 (2 8 ) caracteres na gravación e no tratamento de datos.

  4. octeto electrónico [QUÍM ]

    Conxunto de oito electróns que os átomos tenden a completar mediante a formación de enlaces covalentes para acadar a estrutura de gas nobre.