ockhamismo

ockhamismo

antropónimo Guillerme de Ockham

Plural: ockhamismos
s m [FILOS ]

Corrente filosófica variante da escolástica, que derivou e tomou o nome de Guillerme de Ockham, preocupada por protexer o Deus cristián de toda racionalización humana, e por cultivar con independencia unha lóxica nominalista e un experimentalismo cosmolóxico.