ocasión

ocasión

lat ocassĭōne

Plural: ocasións
  1. s f

    Circunstancia oportuna para algo.

  2. s f

    Circunstancia que se presenta en determinado momento.

  3. s f

    Factor que provoca un efecto.

  4. s f [FILOS ]

    Circunstancia que posibilita a produción dun fenómeno, pero que, a diferenza da causa, non intervén positivamente e, a diferenza da condición, non é necesaria.

Sinónimos

Citas

  • Agora temos a ocasión de o poder axudar
  • O seu discurso foi ocasión dunha feroz polémica

Refranes

  • A ocasión fai o ladrón/o home ladrón.
  • A ocasión non pasa andando senón voando.
  • A ocasión píntana calva.
  • Achaque queren as cousas.
  • Río avolto, ganancia de pescadores.