obxectivo -va

obxectivo -va

obxecto

Plural: obxectivos Masculino: obxectivo Masculino plural: obxectivos Feminino: obxectiva Feminino plural: obxectivas
  1. adx

    Que trata os acontecementos, os datos e os fenómenos con independencia de reflexións e sentimentos propios do observador.

  2. adx

    Que responde á realidade con exactitude.

  3. s m

    Finalidade pola que se realiza algunha cousa.

    1. s

      Punto sobre o que se dispara un proxectil.

    2. s

      Punto ou zona cara á que se dirixe unha acción militar.

    1. s

      Sistema óptico converxente colocado no extremo dun instrumento óptico do lado do obxecto, formado por un espello e unha lente ou sistema de lentes.

    2. obxectivo de focal longa

      Obxectivo dunha lonxitude focal sensiblemente maior ca a diagonal do formato que se está a empregar.

    3. obxectivo de foco variable

      Obxectivo en que o foco pode ser axustado a distintas distancias.

    4. obxectivo de lonxitude focal fixa

      Obxectivo cunha soa lonxitude focal, oposto aos obxectivos duais ou zoom.

    5. obxectivo dobre

      Obxectivo que consta de elementos móbiles e que dá lugar a dúas lonxitudes focais.

    6. obxectivo lento

      Obxectivo que ten unha abertura máxima de pequeno tamaño.

    7. obxectivo rápido

      Obxectivo que ten unha abertura máxima de gran tamaño.

Sinónimos

Citas

  • Fixo unha análise obxectiva das cousas
  • Foi un feito obxectivo
  • Un dos meus obxectivos é ter un bo traballo