oblicuo -cua
oblicuo -cua
lat oblīquu
-
adx
-
Aplícase ás rectas ou planos que non son perpendiculares nin paralelos entre eles.
-
Aplícase ao prisma determinado pola intersección dunha superficie prismática con dous planos non perpendiculares ás arestas desta.
-
Aplícase ao cilindro determinado pola intersección dunha superficie cilíndrica con dous planos non perpendiculares á xeratriz da superficie.
-
Aplícase ao cono ou á pirámide que ten unha altura que non corta a respectiva base no seu centro.
-
-
adx
Que obra ou se executa indirectamente.
-
adx
[LING ]
Relativo ou pertencente a calquera dos casos da declinación, excepto ao nominativo.
-
músculo oblicuo
[ANAT ]
Músculo que presenta unha disposición anatómica non paralela ao eixe de simetría do corpo.