oblea
oblea
fr antigo oublée lat oblāta
-
s
f
-
Folla moi fina de masa de fariña e auga que se utiliza para facer as hostias.
-
[MED ]
Folla moi fina que serve para encapsular un medicamento e facelo máis doado de tragar.
-
Lámina moi delgada que se utiliza para pegar sobres.
-
-
s
f
[FÍS ]
Disco moi fino, cortado dunha barra cilíndrica monocristalina de silicio ou granate, que se utiliza como substrato para a fabricación de circuítos integrados.