numerador

numerador
Plural: numeradores
  1. adx

    Que numera ou serve para numerar.

  2. s m
    1. Primeiro elemento da parella ordenada de números enteiros que forman un número racional.

    2. Expresión numérica ou literal que vai escrita enriba da raia horizontal que indica división e cocientes.

  3. s m [GRÁF ]

    Aparato que en moitas máquinas de imprimir numera os pregos ou os impresos automaticamente e no mesmo momento da impresión.

Palabras vecinas

numerable numeración numerado numerador numeral numerar numerario