nogueira
nogueira
lat v *nucarĭa
-
s
f
[PLANTA ]
Árbore caducifolia, da familia das xuglandáceas, de cortiza lisa e gris, follas alternas imparipinnadas, flores masculinas en amentos e flores femininas solitarias e froitos, as noces, drupáceos e comestibles. A madeira é moi apreciada en ebanistaría.
-
[PLANTA ]
Árbore da familia das meliáceas, de cortiza gris pálida que se escurece co paso do tempo. A madeira presenta manchas de cor negra.
-
[PLANTA ]
Árbore, da familia da xuglandáceas, de follas compostas e froito negro.
Formas incorrectas
nogalRefranes
- Deus me dea a nogueira sempre á beira.