nodosidade

nodosidade

lat nodosĭtāte ‘complicación’

Plural: nodosidades
  1. s f [PAT ]

    Calidade de nodoso.

  2. s f [PAT ]

    Calquera produción accidental que dá ao tacto a sensación dun corpo duro máis ou menos arredondado e limpamente circunscrito.

  3. s f [PAT ]

    Tumefacción ou induración circunscrita.

  4. [PAT ]

    Prominencia dura na cara dorsolateral das articulacións interfalánxicas distais. É unha manifestación típica da artrose.

  5. [PAT ]

    Pequenas lesións eritematosas, dolorosas, que aparecen na planta do pé na endocardite bacteriana subaguda.

  6. [PAT ]

    Eminencias indolentes que se localizan case sempre no cóbado, entre a pel e os planos máis profundos.

Palabras vecinas

nodación nodal nodo nodosidade nodoso nodulación nodular