lat nōdu

Plural: nivelacións
  1. s m

    Atadura que se fai con cordas ou obxectos semellantes que se estreita e pecha de forma que sexa difícil de soltar por si só.

    1. s [BOT ]

      Avultamento no talo nas plantas, onde se atopan tecidos meristemáticos.

    2. s

      Parte máis escura, dura e de forma arredondada da madeira por onde agroma a póla.

    3. s [ANAT ]

      ulto exterior dos dedos da man cando se dobran, onde se atopan os artellos.

    4. nó da gorxa [ANAT ]

      noz.

    5. nó verdadeiro [PAT ]

      Nó formado polo cordón umbilical que, ao estiralo, pode producir a morte do feto.

  2. s m [MAR/METROL ]

    Unidade de velocidade que se emprega no mar, e que equivale a unha milla mariña por hora.

  3. s m

    Lugar en que se cruzan varias vías de comunicación.

  4. s m [LIT ]

    Parte da obra literaria, entre a presentación e o desenlace, onde se complica a trama.

  5. s m

    Punto máis importante dun asunto.

  6. s m

    Ligamento estreito que une as persoas.

  7. s m [FÍS ]

    Punto dun circuíto ou dunha rede onde conflúen máis de dous condutores ou máis de dúas ramas.

    1. s

      Curva simple e pechada.

    2. teoría dos nós

      Análise matemática dos posibles tipos de nós.

  8. Nó firme e que se desfai con facilidade, que empregan os mariñeiros no seu traballo.

Palabras vecinas

NMN no no No NO nō*