nivel

nivel

occit nivel

Plural: niveis
    1. s [METROL ]

      Grao de elevación dunha liña, dunha superficie dun fluído ou dun plano con respecto a outro horizontal e paralelo.

    2. nivel de enerxía [FÍS ]

      Concepto físico que consiste en atribuír ás partículas elementais ligadas a un sistema atómico ou nuclear uns estados enerxéticos que caractericen o seu comportamento cando hai intercambios de enerxía co exterior do sistema.

    3. nivel de prezos [ECON ]

      Índice representativo da variación dos prezos respecto aos do ano que se toma como base.

    4. nivel de vida [ECON ]

      Cantidade de bens e servizos que se poden adquirir coa renda media dun grupo ou dunha clase social determinados.

    5. nivel de voo [AERON ]

      Cada unha das capas do espazo aéreo, separadas entre elas 100 pés e referidas á presión atmosférica estándar, polas que se realiza a circulación aérea.

    6. nivel estrutural [XEOL ]

      Zona da codia terrestre que, polas súas condicións xeolóxicas, presenta un tipo de deformación diferente das zonas inferior e superior.

    7. nivel hidrostático [IND ]

      Altura que, ao perforar un pozo sobre o xacemento dun fluído, acada o fluído no pozo sen ningunha axuda exterior.

    8. nivel piezométrico [XEOG ]

      Nivel virtual da auga subterránea. Se se trata dun acuífero libre, este nivel coincide co do manto freático.

    9. nivel trófico [ECOL ]

      Elo dunha cadea alimentaria. O nivel produtor do ecosistema son as plantas verdes. Os outros niveis, herbívoros e carnívoros, son consumidores.

  1. s m

    Grao de desenvolvemento ou de calidade de algo en relación a outra cousa que se toma como referencia.

  2. s m [TECNOL ]

    Instrumento que permite comprobar a horizontalidade dunha superficie ou a diferenza de altura entre dous puntos.

    1. s [METROL ]

      Grao de intensidade ou de potencia dunha magnitude.

    2. s [FÍS ]

      Expresión do valor dunha magnitude variable con relación a un valor de referencia fixado arbitrariamente. Adoita expresarse en dB ou en Np.

    3. nivel sonoro/de sensación sonora [FÍS ]

      Intensidade da sensación dun son que se mide en fonios.

  3. s m [LING ]

    Sistema, dentro da gramática tradicional, baseado nun conxunto de elementos primarios mínimos, un alfabeto, e a operación de concatenación, seguindo a teoría das álxebras concatenatorias. Adóitanse distinguir sistemas fonemáticos e morfofonemáticos, sintagmáticos e transformacionais.

  4. nivel de linguaxe [LING ]

    ariedade de lingua característica dun estrato social, dunha determinada especialización ou dun grao de formalidade concreto.