nitróxeno

nitróxeno

nitro- + -xeno

Plural: nitróxenos
    1. s [QUÍM ]

      Elemento químico non metálico que pertence ao grupo VA da táboa periódica, de número atómico 7 e peso atómico 14,0067. É un gas incoloro, inodoro e insípido que forma parte da atmosfera das proteínas animais e vexetais e dun gran número de substancias orgánicas.

    2. dióxido de nitróxeno [NO 2 ] [QUÍM ]

      Líquido que se atopa en equilibrio co tetróxido de dinitróxeno e que se emprega nas cámaras de chumbo para a obtención do ácido sulfúrico.

    3. monóxido de nitróxeno [NO] [QUÍM ]

      Gas incoloro que se emprega na obtención do ácido nítrico e na branqueadura do raión. OBS: Tamén se denomina óxido de nitróxeno (II).

    4. nitróxeno residual [FISIOL ]

      Parte do nitróxeno non proteico, agás o nitróxeno ureico.

    5. óxido de nitróxeno (I) [QUÍM ]

      óxido de 1dinitróxeno.

    6. óxido de nitróxeno (III) [N 2 O 3 ] [QUÍM ]

      Gas de cor escura, que en estado líquido ou sólido se comporta como unha especie química definida mentres que en estado gasoso ten as características dunha mestura equimolecular de NO e NO 2 (vapores nitrosos). OBS: Tamén se denomina trióxido de dinitróxeno.

  1. [BIOQ ]

    Proceso de fixación do nitróxeno do aire e a súa transformación en materia orgánica pola acción de determinados microorganismos.

  2. [FISIOL ]

    Condición propia dos adultos en que a inxestión de nitróxeno de orixe proteica iguala a excreción.