nítrico

nítrico
Plural: nítricos
  1. adx [QUÍM ]

    Aplícase aos compostos do nitróxeno nos que este ten unha valencia máis alta ca nos denominados nitrosos.

  2. [QUÍM ]

    Oxiácido do nitróxeno, o máis estable e o máis importante. É un ácido forte e tamén un axente oxidante forte que se emprega na fabricación de fertilizantes, de explosivos, de plásticos, de colorantes, de lacas e de nitroderivados.

  3. éster nítrico [QUÍM ]

    Produto de esterificación dos alcois polo ácido nítrico, que se emprega acotío como explosivo.

  4. [QUÍM ]

    monóxido de nitróxeno.