niño

niño

lat nidu

Plural: niños
  1. s m

    Construción que fan a maioría das aves para pór os ovos, chocalos e criar os pitiños.

    1. s [ZOOL ]

      Construción ou sitio resgardado onde algúns animais poñen os ovos e crían os pequenos, como as formigas, as abellas, certos peixes e algúns roedores.

    2. s [ZOOL ]

      Construción ou sitio resgardado onde algúns animais habitan agrupados ou pasan a letarxia.

    3. niño de abella [TECNOL ]

      Estrutura con retículas hexagonais, semellante á dos niños das abellas.

  2. s m col

    Casa ou vivenda familiar.

  3. s m

    Lugar onde se atopan un grupo de persoas ou cousas que se consideran perigosas e prexudiciais.

  4. s m

    Lugar onde se amorean e agochan cousas.

  5. s m [BÉL ]

    Lugar, máis ou menos fortificado e ocupado de soldados, que adoita estar armado.

  6. [XEOL ]

    Ocos que se forman no granito debido á disolución ou disgregación dos seus compoñentes.

  7. [BIOL ]

    Construción de cría do cirrio salangana que está formada por cuspe e que son recolectadas para a elaboración de sopas por algúns pobos asiáticos.

  8. [FUNGO ]

    Fungo en forma de copa ou de niño, da familia das nidulariáceas, de cor escura e tomentoso por fóra, e de cor gris e estriado por dentro, que medra sobre madeira vella e na terra dos bosques.

Sinónimos

Citas

  • Aínda que non se leva ben cos irmáns todas as noites regresa ao niño
  • Nesa árbore había un niño de xílgaro
  • No burato do xardín había un niño de víboras

Formas incorrectas

nido

Palabras vecinas

ningún ningures ninhidrina niño nío nióbico niobio