neve

neve

lat nive

Plural: neves
    1. s

      Pequenos cristais de xeo que proceden da conxelación da auga das nubes e que caen sobre a terra en forma de folerpas.

    2. neve en po

      Masa granulosa e chea de burbullas de aire que corresponde a un estadio intermedio entre a neve e o xeo, que se forma por sucesivas fusións e recristalizacións en zonas onde se acumulan importantes espesuras de neve.

  1. s f [IMAX ]

    Imaxe que aparece na pantalla dun televisor ou dun radar e que é causada por problemas co sinal.

Refranes

  • A neve enriba da lama logo trae a auga.
  • Abriga a neve ao trigo como abriga unha nai ao seu fillo.
  • Ano de nevadas, ano de fomadas.
  • Ano de neves, ano de bés, se na túa casa os tes.
  • Ano nevento, ano farturento.
  • Cando na beiramar neva ¡que fará na serra!
  • Cando na ribeira neva ¡como nevará na serra!
  • Día de san Nicolás está a neve de pao en pao e, se non, no chao.
  • Día.de san Nicolau está a neve de pau en pau e, se non, está no chau.
  • Neve en febreiro ata para a fouce ten tempereiro.
  • Neve febreiriña come á mala veciña.
  • Neve febreiriña pica a galiña.
  • Neve que cae na lama por auga chama.