neorrealismo
neo- + realismo
-
s
m
[ARTE ]
neofigurativismo.
-
s
m
[FILOS ]
Doutrina propugnada en 1912 para enfrontar o idealismo hegeliano e o pragmatismo. Establecía que o coñecemento non é subxectivo e que atinxe á realidade, que é constituída por un conxunto de entidades simples relacionadas entre si diversamente.
-
s
m
[IMAX ]
Movemento cinematográfico italiano (1945-1952), que se caracterizou por un ton marcadamente realista, dado polo afán de obxectividade documental e de verismo, que se conseguiu coa utilización de actores non profesionais, a rodaxe en escenarios naturais e a exposición dunha temática cotiá das clases populares.
-
s
m
[LIT ]
Tendencia da narrativa italiana que comezou a consolidarse cara a 1930 coa esixencia dunha representación analítica, crúa e dramática baseada na insatisfacción da existencia humana.